Friday 22 de November de 2024

Cambre pon en marcha a Escola de Nais e Pais e un obradoiro de Orientación para os proxenitores do alumnado secundario e bacharelato


O departamento de Educación do Concello de Cambre vai impartir no IES David Buján de Sigrás en Cambre dúas sesións formativas co obxectivo fundamental de dar apoio educativo e psicolóxico ás familias axudándoas na difícil tarefa de educar, solucionando as súas dúbidas e explicando os diferentes contratempos que se van ir encontrando os seus fillos e como poder axudalos. A estratexia na exposición será a través de exemplos prácticos, baseados na vida cotiá e na experiencia das persoas orientadoras que van impartir estas charlas.

Haberá dúas sesións: “As máscaras da violencia de control”, onde daráselle máis visibilidade á violencia de control como primeiro escalón na violencia de xénero e o papel de nais e pais na súa prevención, e unha segunda “¡Oe! ¿Alguén escoita?, onde se abordará a comunicación entre pais/nais e fillos/fillas…problemas, como debe ser…

Por outra banda, organizouse un obradoiro de Orientación titulado “A batuta nos novos retos” e dirixido fundamentalmente a pais/nais que afrontan dificultades na educación dos seus fillos/as de Educación Secundaria e Bacharelato.

Terá lugar o Centro socio – cultural da Barcala. e tratará de favorecer nos participantes o desenvolvemento das habilidades e recursos necesarios para afrontar a súa tarefa na educación dos seus fillos e fillas incrementando os factores de protección fronte aos problemas en xeral e do consumo de sustancias en particular.
Metodoloxía e duración:
O programa desenvólvese a través dun traballo en grupo cooperativo a partir de técnicas de participación activa e contando co apoio de tecnoloxía multimedia. Utilizaranse dinámicas de grupos co interese de fomentar ao máximo a participación dos asistentes.

A Inscrición para os dos programas: Do 18 ao 26 de abril, enviando confirmación da participación co nome do participante na dirección de correo electrónico a: educación@cambre.org, fóra deste prazo e antes da data da sesión tamén pódese solicitar a participación sempre que haxa prazas libres.