Friday 22 de November de 2024

Ánxeles Rodríguez, nova campioa nacional en Ruta Máster


Ánxeles Rodríguez del Río, do Club Atlética A Silva-Ordes, vén de proclamarse campioa de España en Ruta Máster. Un novo logro a engadir no seu máis que avultado palmarés, tras a súa magnífica participación na localidade de Breña Baixa de Palma esta pasada fin de semana.

Por outra banda, José Domínguez Caballero, preparador e adestrador do mesmo club, foi convocado como técnico convidado pola Federación Española de Atletismo para asistir á reunión nacional de adestradores e ao segundo foro xeración de atletismo. Unha cita que tivo lugar en Madrid do 13 ao 15 de abril.