As entradas poderanse adquirir dende mañá ata o 3 de maio no Concello
O Concello de Ordes celebrará o sábado 5 de maio a súa xuntanza das persoas maiores. Para ese día está prevista ás 13.30 horas unha misa, seguida do xantar tradicional a partir das 14.30 horas e de baile. Todo isto terá lugar na carpa instalada no Campo da Feira. Para poder asistir é necesario adquirir ata o 3 de maio como data límite a correspondente entrada. O custo é de 5 € e pódese conseguir, tras a presentación previa do DNI, nas oficinas xerais municipais, situadas na planta baixa do mesmo Concello.