O Centro Cultural Lustres Rivas alberga unha nova exposición. O seu título, “Introvisións”. Trátase de imaxes realizadas polos alumnos de Fotografía do IES Virxe do Mar de Noia.
Se ben esta mostra xa foi exhibida noutras localidades, a de mañá será a primeira vez en que se amosen ao público a totalidade de instantáneas integrantes da mesma: un total de 44.
O acto de inauguración terá lugar ás 20.30 horas e contará coa participación do alcalde Manuel Ruiz e do director do referido centro educativo, Xavier Castro.
A entrada será como sempre libre e gratuíta. Estará aberta ata o 13 de decembro.