O Concello de Noia felicita aos noieses Ignacio Remuiñán Lamas e Vanesa Roo Ferrer, que veñen de gañar sendas medallas de ouro no XVI Open Garriko Arrigorriaga de taekwondo desputado este pasado sábado 14 de abril no polideportivo municipal de Arrigorriaga. Os taekwondistas noieses, convocados coa selección autonómica para disputar o torneo máis lonxevo de Euskadi, gañaron todos os combates das súas respectivas categorías: cadete de menos de 37 quilos.
Ignacio Remuiñán e Vanesa Roo competiron baixo a bandeira da Federación Galega de Taekwondo e venceron con claridade todos os seus combates, derrotando nas súas respectivas finais a Lander Rodríguez Rey (The Masters) e Alice Arina (Gimnasio Dochang). Ambos deportistas disputaron este torneo como preparación de cara ao Campionato de España, aínda que previamente Vanesa Roo participará na terceira edición da World Taekwondo President´s Cup Europe 2018, que terá lugar en Atenas do 25 ao 29 de abril.