Un total de corenta veciños e veciñas de Frades participaron nunha excursión ás vilas de Avilés, Xixón e Oviedo, así como á zona mineira e á montaña asturiana, que tivo lugar entre o venres 13 e o domingo 15 de abril. Unha viaxe na que estiveron acompañados polo concelleiro de Medio Ambiente, Juan Carlos Portos Bra, e Maiores, Jesús Francos Sánchez.
Durante tres días, a expedición realizou visitas guiadas a lugares de interese cultural, como unha queixería e o museo “La Cuchillería” de Taramundi ou o Museo da Minería e da Industria de Asturias e o Museo Jurási9co de Asturias. Así mesmo, realizaron visitas guiadas a Avilés e Xixón, e coñeceron fermosas paraxes como Santa María del Naranco ou o mirador de San Roque, en Lastres.
Esta é a segunda vez nos últimos cinco anos que os excursionistas de Frades visitan Asturias, logo de dous anos consecutivos visitando Castela e León e de viaxes previas a Cantabria, Salamanca ou Portugal.