Friday 22 de November de 2024

Mención de programas do SNL e do CIM da Mancomunidade no ‘XX Encontro para a normalización lingüística. Deporte e lingua’


A campaña ‘E ti, a que xogas?’ e a xincana linguística estival organizados polo Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes tiveron o seu protagonismo esta mañá na mesa de debate ‘Deporte e Administración’, dentro do programa do XX Encontro para a normalización lingüística. Deporte e lingua. Unha iniciativa desenvolvida pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística. Roberto Rey, alcalde de Frades e presidente da Mancomunidade de Ordes foi o encargado de compartir con todas e todos os asistentes as particularidades destas iniciativas, especialmente dirixidas á poboación máis nova co fin de fomentar o uso da lingua galega en distintos ámbitos. Roberto Rey tamén aproveitou a súa quenda para mencionar á campaña ‘Na violencia de xénero, cada día conta’, iniciativa posta en marcha polo Centro de Información á Muller da dita mancomunidade.