Friday 22 de November de 2024

Quince veciñas de Frades participan nun curso de filigrana e complementos decorativos do fogar con material reciclado


 

Quince veciñas de Frades veñen de iniciar as clases no curso “Filigrana e complementos decorativos do fogar con material reciclado”, unha iniciativa gratuíta organizada polo Concello de Frades e a ONG Mestura. Un curso de 30 horas de duración e que se impartirá no multiúsos de Frades ata o vindeiro 7 de xuño.

Este é o terceiro curso de balde que Concello e Mestura organizan conxuntamente ao abeiro do programa “Neneiras”, unha iniciativa para promover a igualdade e a integración social das mulleres do rural financiado a través da Secretaría Xeral de Igualdade e da Unión Europea a través do Fondo Social Europeo. Anteriormente realizouse un curso de 6 horas sobre “Control do estrés e ansiedade” e nos próximos días porase en marcha un curso de “Manexo e uso de tabletas e smartphones”, de 30 horas.