Friday 22 de November de 2024

Período de probas de seis meses no que non funcionará o lector de matrículas na rúa Galicia dende Compostela a Porta do Sol


A casa do concello foi escenario dunha nova xunta de voceiros na que os representantes dos grupos acordaron abrir un período de probas de seis meses no que non se porá en funcionamento o control mediante lector de matrículas na rúa Galicia no tramo comprendido entre a praza de Compostela e a praza Porta do Sol, de acordo co solicitado por un grupo de veciños e comerciantes desta zona: unha zona que, hai que recordar, xa viña vivindo unha situación singular que non variou a raíz das obras de peonalización recentemente concluídas.

Ademais, e sempre falando da zona en cuestión, distribuiranse tres paradas de aparcamento exprés e permitirase por un período de 5 horas diarias a entrada de vehículos tanto para carga e descarga como para operacións de clientes. Estas 5 horas serán concretadas en función das necesidades que expresen os propios comerciantes afectados. No que se refire aos residentes, non terán ningunha restrición horaria, tendo en conta que debe haber unha razón que motive o acceso a bordo dun vehículo. En todos estes casos a velocidade non poderá ser superior a 20 kilómetros por hora.

Esta serie de medidas irán acompañada doutras accións dirixidas a apoiar e dinamización comercialmente a zona.

Concluído o período de proba de seis meses, os grupos analizarán os resultados e tomarán as decisións oportunas. No que se refire ao resto das rúas peonís, non hai cambios respecto a idea inicial.

BNG
Estas propostas foron adoptadas polos grupos coa voz discrepante do BNG, que se mantén na idea orixinal dunha mesma peonalización que o resto da rúa Galicia, cun aumento de aparcadoiros exprés e maior dinamización comercial.