Friday 22 de November de 2024

Unha festa na residencia de maiores Torrente Ballester festexa os 102 anos de María Ballesta Acosta


O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, sumouse aos actos de celebración

Foi un día especial na residencia pública de maiores Torrente Ballester da Coruña. Unha das súas residentes, María Ballesta Acosta, cumpre 102 anos e con este motivo os seus compañeiros e compañeiras e o persoal prepararon unha festa onde, ademais da tarta e o desexos para contar con moitos anos mais na súa compaña, gozaron da música dos acordeóns de “Nora e compañeiras”. A esta celebración sumouse o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro.

Na residencia Torrente Ballester, que celebrará no mes de outubro o seu 25 aniversario, residen na actualidade 96 persoas, das que 54 gozan de autonomía persoal e 32 presentan diferentes graos de dependencia.

Ademais do servizo residencial, a Torrente Ballester conta tamén cun centro sociocomunitario no que figuran inscritos como socios, arredor de 1.000 persoas, das que unas 300 participan nas diferentes actividades como hidroximnasia, ximnasia de mantemento, pilates ou talleres de memoria. Tamén se organizan bailes, proxeccións de cine, excursións, concertos, servizos de perruquería e podoloxía, entre outros.