Ordes conta cun novo club deportivo. Trátase do club de natación e tríatlon, o cal leva desenvolvendo a súa actividade dende hai escasas semanas na piscina Iván Raña os martes e xoves pola tarde. Concretamente os horarios van de 19.30 a 20.30 horas para os máis novos e novas e de 20.30 a 21.30 horas para idades máis avanzadas.
O obxectivo principal do club, cuxos integrantes máis novos contan con 8 anos de idade, é o incremento de nivel naqueles deportistas que finalizan o ciclo de aprendizaxe e de perfeccionamento impartidos polo Concello. O seu prezo é de 30 € mensuais. Deste xeito quérese dar resposta ás persoas interesadas na competición, incluíndo a modalidade de tríatlon.
As persoas interesadas en formar parte poden solicitar información na mesma piscina Iván Raña ou ben a través do correo electrónico danigoncas@gmail.com.