Este vindeiro sábado, 14 de abril, o alcalde e membros do seu equipo de Goberno estarán de 10 a 13 horas á disposición da cidadanía no mesmo Concello. Deste xeito adiántase a cita cos chamados Sábados de portas abertas do Goberno local, que normalmente se celebra a última fin de semana de cada mes. A través desta iniciativa quérese facilitar o máximo posible o contacto directo entre a veciñanza e os representantes institucionais, pensando especialmente naquelas persoas que por motivos laborais ou doutra índole non poden acudir ao Concello nos horarios establecidos durante os días laborables. Aínda que non é preciso solicitar cita previa quen así o desexe pode facelo chamando ao 981 680 002 extensión 0.