Saturday 16 de November de 2024

Comezan as obras de pavimentación de cinco quilómetros de estradas e o saneamento en La Calle (Pravio)


A Cambre comeza a dotación dunha nova rede de augas fecais en La Calle, parroquia de Pravio, e a súa conexión á rede existente, incluída no Plan de Obras e Servizos (Plan único de concellos) “POS+ 2017”. A nova rede componse de colectores que descorrerán polo eixo dos viarios. O prazo de ejecución é de tres meses e a actuación adxudicouse por 52.550 euros. A actuación que vai desde o cruceiro de Pravio ata a AP-9, se está a acometer por gravidade, e dará servizo a vinte casas aproximadamente. Tamén pavimentarase todo o ancho da vía co obxectivo de mellorar a seguridade viaria en Pravio.

Por outra banda, tamén comezou a pavimentación nas parroquias de Cambre, Bribes e outros”, cun orzamento de execución de 221.951,61 euros, incluído no Plan de Obras e Servizos (Plan único de concellos) “POS+ 2017”. Entre os camiños que se asfaltarán destacan o do Curras (Sta Mª Vigo), Lendoiro, Peiraio (Bribes), Brille (Andeiro), Acaroada (Cambre-Cela), Bandeboo (Brexo), e Lendoiro (Cecebre). en total pavimentaranse case cinco quilómetros de camiños públicos. O prazo de ejecución é de dous meses, polo que é posible que as obras rematen antes do verán.