Un grupo de veciños e veciñas de Touro participou o pasado venres na charla organizada polo Concello sobre a vespa velutina, que tivo lugar no Centro de Interpretación do Río Ulla. “A vespa velutina, Defendamos as nosas abellas”. Ese foi o título da conferencia. Unha experta explicou a incidencia dañina desta especie invasora no agro galego e tamén falou de técnicas para facerlle frente.