Friday 22 de November de 2024

Un total de 75 veciños e veciñas de Frades visitan Ourense e ás súas termas


Un total de 75 veciños e veciñas de Frades participaron nunha visita á cidade de Ourense e ás súas termas, que tivo lugar o pasado sábado 22 de novembro. Unha viaxe na que estiveron acompañados polo alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez.

A xornada comezou cunha sesión termal nas Termas de Outariz, unhas instalacións que reproducen a milenaria cultura Zen e a súa filosofía, polo que os veciños de Frades disfrutaron dunha mañá de relaxación e evasión. Tras repoñer forzas cun xantar, a expedición aproveitou a tarde para visitar a cidade ourensá. Os veciños e veciñas de Frades fixeron unha parada especial nas Burgas, onde visitaron o seu centro de interpretación, e despois percorreron a zona monumental de Ourense, antes de emprender a volta a Frades.