Saturday 16 de November de 2024

Máis de 100 corredores participan no I Trofeo Ciclista Concello de Ordes


A proba, que forma parte do calendario de competicións da Federación Galega de Ciclismo

Máis de 100 corredores participaronno I Trofeo Ciclista Concello de Ordes. A proba, que forma parte do calendario de competicións da Federación Galega de Ciclismo e que transcurriu ao longo de 75 quilómetros, englobou as categorías Júnior e Máster 30, 40, 50 e 60.

O podio da clasificación xeral estivo encabezado por Juan José Álvarez (Míster Louriña) seguido de José Igancio Méndez (Garaje Paco) e Abel Gomez (Asoc. Galega). Os líderes da Copa Galicia nas categorías Máster 30, 40, 50 e 60 foron respectivamente: Juan José Álvarez (Míster Louriña), Rubén Fernández Oliveira e Javier de la Calle (Norimver)

O I Trofeo Ciclista Concello de Ordes inclúese dentro da III Challenge do Club Ciclista Asociación Galega de Ciclismo, a cal consta de tres probas que puntuarán entre todas para proclamar o vencedor ou vencedora final. Estas serán as dos concellos da Estrada e O Pino, previstas para o 15 de abril e 6 de maio respectivamente. Para poder optar aos premios finais da xeral será imprescindible participar en todas elas.

Apoio local
A proba estivo organizada polo CCAGC en colaboración co Concello de Ordes. Tamén hai que sinalar o apoio brindado por distintas firmas comerciais do municipio como: Papelería Arume, O Chanco, Cristín seguros, floristería Abellá, óptica Pilar Mariño, carnicería Buyo, bar Gerardo, óptica Alain Afflelou, cafetería Nogallás, carnicería Enrique, Luís relojeros, autocares Rogelio, Jogafán muebles e Mi vestidor azul.

Entre o público asistente estiveron o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, así como as concelleiras Susana García e Ana Soneira. Precisamente esta última foi a encargada de entregar os premios aos gañadores de cada proba.