O Concello de Riveira informa de que no transcurso das obras que se están a realizar na avenida do Malecón se habilitaron 26 novas prazas de estacionamento no tramo comprendido entre a entrada a Portos situado á altura do pantalán da Xunta e a confluencia con Rosalía de Castro.
Estas novas prazas están situadas xunto a mediana axardinada, polo carril interior. Xa están a disposición dos condutores.