Friday 22 de November de 2024

Un centenar de creadores participan no museo do gravado de artes na exposición colectiva BarbantiaRte III


Preto dun centenar de artistas da comarca participan nunha exposición no Museo Gravado de Artes. O seu nome, BarbantiaRte III, dando continuidade así ás dúas mostras que se celebraron o ano pasado a iniciativa da asociación Barbantia.

O presidente do padroado da Fundación Museo de Artes e alcalde de Riveira, Manuel Ruiz; o vicepresidente Javier Expósito, e Jesús Laíño como presidente de Barbantia, dirixíronse ao numerorísimo público congregado no inmoble, logo dunha performance realizada polo polifacético noiés Serafión Marcos.

Os interviñentes non dubidaron en loar a calidade dos artistas participantes e resaltaron a excelente vicacidade que ten hoxe en día o mundo creativo da comarca.

Entre os asistentes, moitas caras coñecidas do tecido cultural e artístico barbanzano, como Manuel Ayaso, Jontxu Argibay, Paco Casal, Delio Sánchez, Xerardo Crusat, Pilar Ageitos, Che Tembra ou Maralla –todos eles participantes na mostra-, así como Antón Riveiro Coello ou Pastor Rodríguez.

BarbantiaRte III estará aberta ata o 31 de xaneiro, en horario de martes a sábado de 10.30 a 13.30 e de 16 A 19 horas (festivos de 16.30 a 19.30 horas).