Terá unha duración total de 538 horas, e está dirixido a persoas desempregadas e dará comezo o vindeiro 24 de abril. As persoas interesadas deben inscribirse na Oficina de Emprego
O Concello de Ordes pon en coñecemento de todos os seus veciños e veciñas a posta en marcha dunha nova iniciativa formativa dirixida a persoas desempregadas. Trátase dun curso sobre automoción, máis concretamente sobre o mantemento de motores e dos seus sistemas auxiliares, e está organizado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.
A data de inicio está prevista para o vindeiro 24 de abril, e terá unha duración total de 538 horas (458 teóricas e 80 prácticas) que se impartirán no IES Nº 1 de Ordes. As persoas interesadas poden inscribirse ou solicitar máis información na Oficina do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), situada na rúa Galicia.