De acordo co programado, esta mañá tiveron lugar os traballos previos para acometer a remodelación da avenida do Malecón e pola tarde está previsto que os operarios da empresa adxudicataria, Canarga, comecen xa coas propias labores de reforma desta área en cuestión.
Uns traballos que van estar focalizados en primeiro lugar na zona más próxima a terminal de autobuses e que nunha fase ulterior comprenderá a do entorno do mercado.
Tocante a esta primera zona da actuación (desde o a entrada do porto que está situada á altura do pantalán da Xunta ata a terminal de autobuses) cómpre advertir de que se vai manter o mesmo número de aparcamentos (una sesenta) que os agora existentes, unha vez se acometa a reordenación do espazo, que inclúe a construción dun carril bici e más metros de uso e disfrute para o peón.
Asemade, cómpre destacar que a medio prazo se van poder gañar outras 40 prazas de aparcamento a maiores cando se efectúe a remodelación do espazo situado entre a estación de autobuses e Pedra Pateira segundo estimaron os técnicos municipal.
Por último, hai que recordar tamén a apertura no pasado decembro dun novo aparcamento público gratuíto en Agustín Fernández Oujo con capacidade para 30 vehículos que permitirá compensar a creación dunha zona verde a carón do mercado nunha zona utilizada actualmente como de estacionamento.