O pasado sábado, 22 de novembro, dou comezo o curso de maxia infantil que organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal. Para este curso ofreceronse nun principio 15 prazas , pero ante a demanda de solicitudes decidiuse ampliarlas ata as 20.
Neste curso impartido polo mago Chrystyan Magic os alumnos/as aprenderán diversos números de maxia con diferentes elementos, como panos, corchos, cordas, barallas… obxetos que poderán atopar nas suas casas e así practicar con eles.
As vindeiras clases serán o sábado 29 de novembro e os sábados 13 e 20 de decembro na Casa Mariñeira do parque do Castelo, e una vez rematado o curso o alumnado participará no 1º Festival Infantil de Maxia que se celebra o 29 de decembro na Pobra da man do mago Chrystyan Magic (dentro da programación de Nadal).
Adxunto fotos da primeira sesión onde podemos ver como os rapaces enseñan a os seus país os primeiros trucos aprendidos.