Un total de trinta veciños e veciñas, na súa maioría nenos e nenas, participaron nunha saída ao centro comercial Marineda City da Coruña, organizada polo Concello de Frades dentro do seu programa de conciliación co gallo das vacacións escolares da Semana Santa. Unha saída na que estiveron acompañados por persoal de Vagalume Ocio e Tempo Libre e na que desfrutaron dunha partida de birlos e dunha sesión de cine, coa proxección da película “Peter Rabbit”.