Dende o día 5 de abril ata o 1 de maio o Centro Cultural Lustres Rivas vai exhibir unha nova exposición consistente na exhibición dos traballos integrantes da Bienal de Pintura 2017-2019 que organiza o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular.
A mostra estará formada por 29 obras de artistas galegos e portugueses, incluíndo os catro premiados na iniciativa como melor obra do certame (de Fátima Teles), mellor obra portuguesa (de Marcos Macedo), mellor obra galega (de Xosé Lois Carreira López) e o premio Novos Talentos (de Fábio Araújo).
O acto inaugural será o venres ás 21 horas.