30 nenos e nenas participan estes días no Easter Camp, organizado polo Concello de Ordes. Unha iniciativa coa que dende o Departamento de Educación se quere favorecer a conciliación durante as vacacións de Semana Santa e que rematará o vindeiro luns, 2 de abril. Inglés, xogos, traballos manuais, cancións, cociña, música e movemento etc son algunhas das actividades coas que todos estes nenos e nenas, con idades entre os 3 e os 12 anos, se están a divertir durante as mañás. A escola ConTalento é a encargada do seu desenvolvemento.