Monday 25 de November de 2024

O alcalde anuncia que a Escola Infantil Municipal Agra do Orzán comezará a funcionar no mes de xaneiro


Carlos Negreira visitou as instalacións nas que se investiron 738.000 euros e que terán capacidade para 82 menores de 0 a 3 anos

O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, anunciou hoxe que a Escola Infantil Municipal Agra do Orzán comezará a funcionar no mes de xaneiro e que, proximamente, se abrirá o prazo para inscribir os menores de 0 a 3 anos.
“A posta en marcha desta nova escola reflexa o compromiso deste Goberno local coa educación”, sinalou e recordou que, no Presuposto municipal de 2015 se incrementou un 17% a partida destina á rede de escolas infantís municipais: “Seguimos traballando para cumprir co noso obxectivo de conseguir un 40% máis de prazas durante o mandato e pasar de 640 a 909”.
Ademais do compromiso coa educación, o alcalde destacou o compromiso do Goberno local coas familias a través das Escolas Infantís Municipais: “Estes centros permiten conciliar a vida familiar e laboral e, grazas ao novo regulamento posto en marcha este curso, axudamos moitas familias con dificultades para acceder a unha praza”. Neste sentido, recordou que as taxas están conxeladas dende o ano 2012 e que, por primeira vez, este ano houbo prazas gratuítas para familias con dificultades económicas, ou para segundos e sucesivos irmáns. En total, foron 52.
Carlos Negreira tamén puxo de manifesto o compromiso do Concello co barrio do Agra: “Xeramos no Agra a integración de toda a educación, de 0 a 16 anos, ao reunir unha auténtica cidade escolar nun mesmo espazo onde conviven esta nova escola infantil, o CEIP Raquel Camacho e o IES Agra I”, detallou e informou de que neste barrio se están a investir, dende o inicio do mandato, ao redor de 15 millóns de euros con proxectos como o centroNovoboandanza, o aparcadoiro e urbanización Das conchiñas, a remodelación de rúas ou esta nova escola infantil.
O centro, para o que se presentaron 13 ofertas, adxudicarase a unha concesionaria en decembro co obxectivo de que estea operativa no mes de xaneiro. Contará cun total de 82 prazas e 6 aulas nun edificio de 1.356 metros cadrados. Dividida en 3 corpos, ten un espazo de usos múltiples de 230 metros cadrados, patio exterior e zona axardinada.
Tal e como explicou o alcalde, se investiron 738.221 euros e contará cun presuposto de funcionamento en 2015 de 137.000 euros.