Saturday 23 de November de 2024

Ciclo de talleres educativos impartidos polo Servizo de Atención Temperá da Mancomunidade de Ordes


As primeiras citas terán lugar os vindeiros martes e mércores en Trazo e Ordes

O Servizo de Atención Temperá da Mancomunidade de Ordes iniciará en breve un ciclo de obradoiros cuxo eixe central será a educación de nenos e nenas de 0 a 6 anos. A convocatoria estará aberta a todas as persoas interesadas.

A primeira das citas terá lugar o vindeiro martes, 3 de abril, ás 16 horas no baixo do centro médico de Trazo. As inscricións deberán facerse telefonicamente a través do 981689001. A segunda convocatoria terá lugar o mércores, 4 de abril, na Escola Municipal Infantil Sorrisos (polígono industrial de Merelle) ás 18 horas. Igualmente as inscricións faranse por teléfono chamando ao 981682208.

Nesta iniciativa participan, ademais da Mancomunidade de Ordes, a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo.