Saturday 16 de November de 2024

O delegado territorial, Ovidio Rodeiro, felicita ao concello e aos veciños da Baña polos 15 anos da Festa da Filloa da Pedra


O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, participou na XV Festa da Filloa da Pedra da Baña, que fora adiada o domingo 11 por mor do mal tempo, e que finalmente celebrouse no polideportivo de San Vicenzo. Desde as dez da mañá puidéronse degustar máis de oito mil filloas de 50 x 50 centímetros cada unha. A Asociación de Filloas da Pedra da Baña preparou para tal fin uns 1.300 litros de amoado, con auga, fariña, ovos e sal, para cociñar nas corenta pedras dispostas para a ocasión.

A filloa da pedra da Baña é un produto inconfundible por sabor e calidade, e a súa exaltación cumpre este ano tres lustros de celebración ininterrompida. O Concello barcalés desenrolou un amplo programa para celebrar a ocasión. A profesora e escritora Marga Cancela Negreira foi a encargada de ler o pregón da celebración. Ovidio Rodeiro, que acudiu en representación da Xunta de Galicia, felicitou ao Concello e aos organizadores por “estes quince anos pelexando por manter viva unha tradición que caracteriza a este pobo e ás súas xentes”. Xa en ton desenfadado rivalizou co alcalde, José Andrés García Cardeso, sobre a competencia entre as filloas da Baña e as de Lestedo, en Boqueixón, localidade da que é natural o delegado territorial da Xunta na Coruña.