Friday 22 de November de 2024

Novo Sábado de portas abertas do Goberno local


Este vindeiro sábado, 24 de marzo, o alcalde e membros do seu equipo de Goberno estarán de 10 a 13 horas á disposición da cidadanía no mesmo Concello. Cos chamados Sábados de portas abertas do goberno local preténdese facilitar o máximo posible o contacto directo entre a veciñanza e os representantes institucionais, pensando especialmente naquelas persoas que por motivos laborais ou doutra índole non poden acudir ao Concello nos horarios establecidos durante os días laborables. Aínda que non é preciso solicitar cita previa quen o desexe pode facelo chamando ao 981 680 002 extensión 0.