Saturday 16 de November de 2024

Charla sobre axudas e subvencións a empresas e autónomos


Terá lugar este mércores, 21 de marzo, ás 20.30 h nos baixos da alameda

O vindeiro mércores, 21 de marzo, Ordes acollerá un encontro informativo sobre axudas e subvencións para empresas e autónomos. Esta terá lugar a partir das 20.30 horas no salón de plenos situado nos baixos da alameda.

Esta iniciativa está desenvolvida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e a marca Galicia. Colabora o Concello de Ordes.