Saturday 16 de November de 2024

Abre o prazo para as actividades de conciliación de Semana Santa


 

Terán lugar os días 26, 27 e 28 de marzo e o 2 de abril. As persoas interesadas poderán reservar praza ata o día 22 no mesmo Concello

O Concello de Ordes vén de abrir o prazo para as súas actividades de conciliación de cara ás vacacións de Semana Santa. O Easter Camp terá lugar os días 26, 27 e 28 deste mes e o 2 de abril.

Inglés, xogos, traballos manuais, cancións, música e movemento etc son algunhas das actividades coas que os nenos de nenas de 3 a 12 anos poderán divertirse. En moitos casos, ademais, estas desenvolveranse en lingua inglesa. O horario irá dende as 9 ás 14 horas, podéndose acordar outros horarios.

As inscricións, cuxo custo ascende a 16 €, poderán formalizarse ata o día 22 no mesmo departamento de Educación, situado no primeiro andar do Concello. Para solicitar máis información pódese chamar ao 981680002 (extensión 4). Tamén na oficina que a Escola ConTalento, entidade colaboradora do Concello na posta en marcha desta actividade, ten situada na rúa Reconciliación, ou a través do seu teléfono 981697844 ou do correo electrónico ordes@escuelacontalento.es