Friday 22 de November de 2024

Sete nenos e nenas de Ordes participan na expedición a Manzaneda organizada pola Deputación da Coruña


Un total de sete nenos e nenas do municipio de Ordes de entre 10 e 14 anos participaron estes últimos días en Cabeza de Manzaneda (Ourense) na quinta e derradeira expedición á neve da Campaña de Esquí 2018, organizada pola área de Deportes da Deputación da Coruña. Unha iniciativa na que tamén participaron outros nenos e nenas dos concellos de Ames, A Baña, Arzúa, Boimorto, Boqueixón, Cerceda, Frades, Mesía, Negreira, Oroso, O Pino, Rois, Santiago, Teo, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra e Vedra.

Todas e todos eles puideron ben iniciarse ou perfeccionar a práctica do esquí a través das clases impartidas por monitores e monitoras profesionais. Non foi o único xa que tamén gozaron doutras actividades deportivas, como natación, así como iniciativas culturais. En conxunto hai que falar de cincocentos rapaces e rapazas de 93 concellos que dende febreiro a marzo participaron nesta iniciativa.