Este fin de semana o CBS Cambre xogará o seu primeiro partido de liga en Valencia
As xogadoras de CBS Cambre participan por segundo ano consecutivo na máxima competición de softbol feminino en España.
A “Piña Amarela” viaxará este fin de semana a terras valencianas para xogar a primeira xornada da liga de División de Honra de Softbol feminino. O equipo, que está formado ao completo por canteira galega, afronta esta competición con moita ilusión e cun gran traballo técnico detrás.
O domingo a partir das 11:00 h enfrontaranse ao CBS Facho Valencia, un dos 10 mellores equipos do país, en dous partidos consecutivos. O enfrontamento reunirá ao 9º e 10º clasificado da tempada pasada no Campo Municipal de Béisbol- Softbol de Valencia.
Ademais, esta tempada os afeccionados do Softbol da nosa cidade poderán gozar dos partidos que xogarán como local o CBS Cambre, grazas ao campo “renovado” de béisbol e softbol situado en Acea da Ma, Culleredo.