Un amplo número de mulleres de Ordes secundaron esta mañá a concentración convocada pola Asociación de Comerciantes de Ordes (ACORDES) co gallo do Día Internacional da Muller. Unha xornada na que especialmente se puxo o énfase nas diferenzas salariais existentes entre homes e mulleres e na violencia machista. Ata a concentración, que tivo lugar durante media hora na entrada principal do Concello vello, tamén se achegaron varios homes para apoiar estas reivindicacións.