Organizada pola xunta local da AECC terá lugar este luns ás 17 horas en Trazo
O vindeiro luns, 12 de marzo, a xunta local de Ordes da AECC organiza unha charla aberta a todas as persoas interesadas baixo o título ‘Acompañando ás persoas con cancro’.
A cita está posta para as 17 horas no edificio de servizos múltiples de Viaño Pequeno, no concello de Trazo. Como relator contarase co psicólogo da AECC Marcos Calvo Martínez.
Para calquera información pódese chamar ao teléfono 981142740 ou ben enviar un correo electrónico a acoruna@aecc.es. Para esta convocatoria cóntase coa colaboración do Concello de Ordes.