Friday 22 de November de 2024

Un grupo de 40 mulleres de Touro participan con motivo do 8-M nun obradoiro para poñer en valor o protagonismo da muller


 

Un grupo de 40 mulleres de Touro participaron esta mañán no Concello de Touro nun obradoiro denominado Benquererse. Neste encontro puxeron en valor o protagonismo da muller con motivo do 8 de Marzo, día da Muller. Anacos, proxectos socioeducativos, foi a encargada de impartir un obradoiro que puxo en valor ás mulleres abordando os diferentes aspectos das realidades diarias a través dos tempos, da autoestima e dos afectos. A sesión foi dunha hora e media e nela participaron as mulleres que quixeron compartir un espazo onde sentirse seguras e con confianza. Trátase de crear espazos nos que as mulleres se poidan sentir seguras e que lles axuden a medrar xunto con outras compañeiras a través das súas experiencias. “Porque tamén precisamos de lugares onde coidarnos”, apuntan dende Anacos.