O Concello de Touro oganiza un obradoiro denominado Benquererse para poñer en valor o protagonismo da muller con motivo do 8 de Marzo, día da Muller. Será mañán martes, 6 de marzo, ás 11.00 horas na casa do Concello de Touro. Anacos, proxectos socioeducativos, será o encargado de impartir un obradoiro que tratará de poñer en valor ás mulleres abordando os diferentes aspectos das realidades diarias a través dos tempos, da autoestima e dos afectos. A sesión será de unha hora e media e está dirixida a todas as mulleres e tamén homes que quieran compartir un espazo onde sentirse seguros e con confianza. Por qué organiza este obradoiro o Concello de Touro? Porque trátase de crear espazos nos que as mulleres se poidan sentir seguras e que lles axuden a medrar xunto con outras compañeiras a través das súas experiencias. “Porque tamén precisamos de lugares onde coidarnos”, apuntan dende Anacos. As persoas interesadas en participar poden chamar ao teléfono: 981.504.029
Articulos relacionados
O Concello tenta desbloquear o informe negativo de Patrimonio sobre a mellora dos accesos ao Centro Oncolóxico
julio 17, 2020 Comments are off 66 visitas
O organismo da Xunta informou desfavorablemente a esta mellora de accesos, “unha situación que dificulta ...
Neda volve reclamar á Xunta actuacións para garantir a estabilidade da vía autonómica AC-862 na Volta do Poulo
febrero 26, 2026 Comments are off 0 visitas
O Concello de Neda vén de dirixirse á Axencia de Infraestruturas para reiterar a solicitude ...
O concello colaborará na proclamación do Premio Fundación Princesa de Girona presidido pola raíña dona Letizia
febrero 20, 2020 Comments are off 108 visitas
A Súa Maxestade visitará o venres 28 de febreiro as instalacións do Centro Ágora ao ...
