Saturday 16 de November de 2024

Touro impulsa entre os veciños a cultura da reciclaxe


Técnicos da campaña impulsada por Xunta e Ecoembes explicaron hoxe, aproveitando a celebración da feira do día 5, aos habitantes do Concello que “a reciclaxe é un esforzo de todos e merece a pena”

O Concello de Touro está convencido de que a reciclaxe de residuos é responsabilidade de todos. No traballo que ven facendo dende fai anos para que a cultura da reciclaxe cale entre os habitantes do Concello, inclúese a compaña que hoxe se desenvolveu en Fonte Díaz, capital do Concello de Touro, aproveitando a presencia dos veciños e veciños que se achegaron con motivo da feira que todolos días 5 de cada mes se celebra nas rúas de Fonte Díaz. Na capital de Touro instalouse unha carpa informativa da campaña “Separar con xeito para reciclar a feito!”. Esta iniciativa que hoxe vistou Touro está impulsada pola Xunta de Galicia e por Ecoembes. “Separa correctamente os teus resiudos; non botes ao lixo o traballo de todos”. É outro lema da campaña. Dous técnicos explicaron hoxe na carpa instalada no centro de Touro a veciños e veciñas ás ventaxas de reciclar. Tamén participaron os máis novos, alumnos e alumnas do CPI Plurilingüe Fonte Díaz. Os técnicos ensinaron en que contenedores hai que reciclar os residudos e destacaron que “hai que reciclar máis, porque o envase que non se recicla, non o recicla ninguén”. Tamén explicaron que producto para reciclar vai en cada contenedor. O Concello de Touro está concienciado en potenciar a reciclaxe. Xa reparteu entre os veciños interesados compostadores para reciclar os residuos orgánicos. E tamén colocou en todas as parroquias illas con os diferentes contenedores para facilitar a reciclaxe a dos veciños. “Nosa aposta non ten volta atrás porque a reciclaxea é responsabilidade de todos, non hai disculpas”, asegurou o alcalde de Touro, Ignacio Codesido.