Thursday 21 de November de 2024

Solicitude a Xunta de cesion dunha parcela anexa ao IES Agra de Leborís para a construción dunha pista polideportiva


Os traballos serían sufragados polo goberno local e o novo equipamento daría servizo ao centro educativo, así como ao resto dos veciños e veciñas fóra do horario lectivo

A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, recibiu ao alcalde da Laracha, José Manuel López, que lle trasladou a solicitude por parte do concello á Consellería de Educación da cesión dunha parcela anexa ao Instituto de Educación Secundaria (IES) Agra de Leborís, así como a petición de autorización para construír unha pista polideportiva descuberta nestes terreos, cunha superficie aproximada de 1.000 metros cadrados.

Do Campo e López analizaron o proxecto, que sería sufragado integramente pola administración local. O obxectivo é poder compaxinar o uso do novo equipamento entre o alumnado do centro educativo -que poderá disfrutar das instalacións de xeito preferente- e o resto de veciños e veciñas do municipio fóra do horario lectivo.

A representante do Goberno galego na provincia expresou a súa vontade de colaborar co concello e de traballar intensamente para incrementar os servizos do municipio no menor prazo de tempo posible. Así, trasladoulle ao primeiro edil todo o apoio, diálogo e cooperación do Goberno galego para atender as demandas dos cidadáns.