O Centro Cultural Lustres Rivas de Riveira acolleu o acto de inauguración dunha nova exposición titulada “Tubos Animados”, do artista ourensán Antonio Souto, quen exhibe 20 pezas realizadas en materiais pesados como ferro ou aceiro.
O alcalde Manuel Ruiz, a concelleira de Cultura Herminia Pouso e o propio artistas interviñeron neste evento de apertura que estará aberta ata o 21 de marzo.
Arquitecto de formación académica, Souto xoga na súa obra cos volumes e atmosferas entrelazadas para conformar unha proposta que pode ser visitada de luns a venres de 10 a 14 e de 19 a 21 horas e os sábados de 11 a 14 e de 19 a 21 horas.
Ao longo da súa traxectoria, recibiu distintos galardóns como o primeiro premio do I Certame de Escultura na Guarda ou no VI Certame Concello de Cangas, entre outros.