O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, e o alcalde da localidade, Eduardo Parga, asinaron as actas de recepción das obras
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, asinou xunto ao alcalde de Malpica, Eduardo Parga, as actas de recepción das obras realizadas con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental, a través da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
En total, investíronse algo máis de 90.000 euros na mellora da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) da localidade, así como a mellorar os depósitos de abastecemento. As subvencións do Fondo de Compensación Ambiental correspóndelles aos concellos que teñen o seu territorio municipal dentro dunha poligonal de delimitación dun parque eólico ou están afectados pola correspondente instalación de conexión ou vía de evacuación.
No caso de Malpica, o municipio alberga 69 aeroxeneradores e máis de 1,2 quilómetros de liñas. Estas axudas, concedidas a través da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, están destinadas a financiar iniciativas orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das enerxías renovables e á restauración e reposición do medio ambiente e reequilibrio territorial.