Friday 22 de November de 2024

Os nenos e nenas de Boqueixón elaboran un mural conmemorativo do 8-M


Presidirá a fachada da Casa do Concello no Día da Muller

O Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Boqueixón propiciou onte a participación da infancia do municipio na elaboración dun mural conmemorativo do 8 de marzo como Día Internacional da Muller.

Mediante un obradoiro de pintura na ocioteca municipal, no que participaron un total de 25 nenos e nenas de entre 5 e 11 anos, preparouse o mural, que se colocará na fachada da Casa Consistorial o vindeiro xoves 8 de marzo para darlle maior visibilidade á conmemoración da xornada.

Este mural pola igualdade é unha iniciativa que o CIM de Boqueixón vén organizando nos últimos anos co propósito de concienciar a toda a poboación, e en especial á xente máis nova, na necesidade de erradicar calquera tipo de discriminación por razón de xénero.