Cambre licita la obra “Mellora da seguridade viaria en Sobreguexe (Cecebre) e renovación do pavimento no Castrillón (Pravio)” cun orzamento de 82.204,66 € sen IVE, actuación incluída no PAS Complementario 2015.
As obras consisten esencialmente na renovación de firmes e entubaxe de cunetas. O obxectivo da obra é mellorar a evacuación de augas pluviais que na actualidade discorren pola cuneta da estrada.
Aproveitando a actuación en Sobreguexe, incorporaranse colectores enterrados que recollerán o auga superficial da beirarrúa e calzada, e ao que se conectarán os sumidoiros de formigón ao borde da estrada. Tamén se levará a cabo a nivelación e compactación dos camiños adyacentes que na actualidade non están pavimentados e extenderase aglomerado sobre o firme existente, co fresado nalgúns casos, recrecido de pozos, sumidoiros, arquetas, potes e bocas.
En Sobreguexe a actuación comprende un tramo de medio quilómetro e no Castrillón de 200 metros lineais. O prazo de ejecución das obras é de dous meses a partir da sinatura da acta de comprobación.