O Concello de Touro oganiza un obradoiro denominado Benquererse para poñer en valor o protagonismo da muller con motivo do 8 de Marzo, día da Muller. Será o próximo martes, 6 de marzo ás 11.00 horas na casa do Concello de Touro. Anacos, proxectos socioeducativos, será o encargado de impartir un obradoiro que tratará de poñer en valor ás mulleres abordando os diferentes aspectos das realidades diarias a través dos tempos, da autoestima e dos afectos. A sesión será de unha hora e media e está dirixida a todas as mulleres e tamén homes que quieran compartir un espazo onde sentirse seguros e con confianza. Por qué organiza este obradoiro o Concello de Touro? Porque trátase de crear espazos nos que as mulleres se poidan sentir seguras e que lles axuden a medrar xunto con outras compañeiras a través das súas experiencias. “Porque tamén precisamos de lugares onde coidarnos”, apuntan dende Anacos. As persoas interesadas en participar poden chamar ao teléfono: 981.504.029
Articulos relacionados
O Concello abre o prazo para solicitar as axudas ás asociacións veciñais e tamén para actividades en material social, de igualdade e diversidade
junio 2, 2025 Comments are off 0 visitas
As entidades sen ánimo de lucro disporán de vinte días, do 4 de xuño ao ...
Feijóo adianta un investimento inicial de 1,2m€ para a inmediata posta en marcha do Plan Director do Monte do Gozo
diciembre 17, 2015 Comments are off 1216 visitas
Adianta que o obxectivo é que as obras comecen de inmediato para que este mesmo ...
Agadea achega o seu Bingo Solidario a Coroso para a loita contra o Alzheimer
septiembre 1, 2025 Comments are off 0 visitas
No día de hoxe déronse cita á convocatoria a concelleira de Servizos Municipais, Tania Redondo, ...
