Tuesday 03 de December de 2024

Obras de mellora e mantemento en diferentes lugares do noso concello


Desde fai unhas semanas o concello da Pobra do Caramiñal está a levar a cabo varias obras de mellora de estradas, accesos, beirarrúas, luminarias, etc… en diferentes lugares do noso concello así como a elaboración dun estudio do estado das vías de comunicación, tanto para vehículos coma para peóns, en todas as parroquias.
Entre as actuaciónsa salientar podemos sinalar a mellora da seguridade viaria no lugar do Petón de Sixto no consistente na construción dun muro de contención, recheos, murete quitamedos con postes incluídos e pavimento con aglomerado, obra que se está a levar a cabo agora.
Outra das actuacións importantes é na estrada que vai a Y, na parroquia de San Isidro, na que se fixeron obras de mellora do firme, sobrelargo mesmo con cunetas de formigón no Cruceiro Novo – Santallo,….. ou tamén o sobrelargo no ponte da autovía no lugar de San Quelexo con instalación tamén de novas luminarias.
No lugar de Vilas, tamén na parroquia de San Isidro, deixouse a instalación soterrada de 40 metros de tubaria para futuros bombeos.
Na zona da Ribeiriña se levaron a cabo obras de sobrelargo con aglomerado e de substitución de 10 metros de rexas de pluviais así como colocación de bordelo en cunetas.
No lugar de Freán leváronse a cabo tarefas de limpeza de cunetas con instalación de quitamedos e deixouse preparado para asfaltar o acceso a unha vivenda e posta en servizo do lavadoiro existente en colaboración coa dirección de Vías de Alta Capacidade da Xunta.
Tamén se fixeron labores de limpeza eformigonado de cunetas, e preparouse para asfaltar o acceso ao instituto de bacharelato pola súa parte alta.

En canto ás beirarrúas, se están a levar a cabo actuacións tendentes a mellorar a accesibilidade, o embaldosado, arranxando as lousetas que se atopan soltas e que producen molestias aos peóns por riba de todo cando chove. Entre as obras máis salientables convén sinalar as que se levaron a cabo para o rebaixe de beirarrúas e bordelos así como o pintado de pasos de peóns na rúa Fernández Varela ou as que se están a levar a cabo coa substitución de lousas soltas nas beirarrúas da praza da Treixadura ou da rúa Venecia.
Desde o concello non queremos esquecer que a meirande parte de estas actuacións, por riba de todo no referente aos sobrelargos, son posibles GRAZAS á colaboración dos propietarios que de forma desinteresada, nosceden parte dos terreos para que a seguridade viariamellore e tamén indicar que imos seguir traballando para que todos os nosos veciños conten cos mellores servizos e infraestruturas.