Saturday 16 de November de 2024

Un total de 52 obras compoñen a exposición colectiva Foto Xilogravadura, que se pode ver no Museo do Gravado de Artes


 

Do 28 de febreiro ao 31 de marzo o Museo do Gravado de Artes dá cabida a unha nova exposición titulada Foto Xilogravadura.

Trátase dunha mostra colectiva formada por 52 obras de 20 artistas españois e portugueses resultado do II Simpósio Internacional de Arte Contemporânea Cidade da Guarda.

O acto inaugural celebrado esta mañá contou coa presenza do presidente da Fundación Museo de Artes, Manuel Ruiz; o membro do seu padroado Ramiro Carregal; o catedrático José Fuentes, responsable de impartir o curso que deu lugar a esta exposición; e Concha Sáez, profesora da Universidade de Salamanca. Tamén o director do museo, Pastor Rodríguez.

A mostra ocupa as salas 1 e 2 da instalación situada no lugar de Outeiro na parroquia de Artes.