Con esta intervención danse por rematadas as obras integrais de arranxo e mellora desta céntrica rúa da vila, na que ademais se instalaron canalizacións de tubaxes para abastecemento e para o sistema de iluminación pública
O Concello de Ordes vén de iniciar as obras de asfaltado da Rúa Nova, cun orzamento que ascende a algo máis de 17.500 €. Estes traballos estarán rematados ao longo dos vindeiros días tras as tarefas de pintado e sinalización.
Con esta última obra remata o arranxo e mellora integral da Rúa Nova, cun investimento que no seu conxunto supera os 142.000 €, sufragados co remanente rexistrado no exercicio do ano 2016. Ademais da construción de 610 metros de beirarrúas tamén se canalizaron 567 metros de tubaxes de polietileno, dotouse de valvulería e arquetas de aloxamento para abastecemento de auga potable, ademais de colocarse 530 metros de tubo de polipropileno destinado á iluminación pública.