Friday 22 de November de 2024

Mellora a seguridade viaria en Cela coa colocación das novas biondas dobles


Teñen a particularidade de ser dobles co obxectivo de cumplir a normativa estatal e de mellorar a seguridade para os motoristas

O Concello de Cambre vén de colocar dúas biondas na parroquia de Cela, na estrada da Igrexa, co obxectivo de mellorar a seguridade viaria na zona. Asemade, reforzouse a seguridade na curva co entubaxe das pluviais e o ensanche da zona.

Asemade, as biondas teñen a particularidade de ser dobles co obxectivo de cumplir a normativa estatal e de mellorar a seguridade para os motoristas.

Trátase de evitar as nefastas consecuencias que carrexa a unión da caída dun motorista preto das varandas tradicionais e a inercia.

A colocación destas proteccións a ambos vos dous marxes da estrada de cela é unha reivindicación veciñal á que o goberno local comprometeuse a emendar.