Friday 22 de November de 2024

Un total de 93 veciños e veciñas de Frades percorren a quinta etapa do tramo galego do Camiño de Santiago: Palas de Rei – Arzúa


A penúltima, entre Arzúa e O Pedrouzo, terá lugar o sábado 10 de marzo. Inscricións no Concello de Frades

Un grupo de 93 veciños e veciñas de Frades participaron este sábado na quinta das sete etapas do tramo galego do Camiño de Santiago, polo que só lles restan 39 dos 159 quilómetros deste itinerario. Unha etapa prevista inicialmente para o sábado 3 de febreiro pero que tivo que ser atrasada debido ás malas condicións meteorolóxicas daquel fin de semana.

O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, que acompañou aos peregrinos durante os case 29 quilómetros que separan Palas de Rei de Arzúa, destaca a gran participación que está a ter a iniciativa: “na que nunca baixamos dos noventa participantes” e anuncia que a vindeira etapa, Arzúa-O Pedrouzo (19,2 km) terá lugar o sábado 10 de marzo. As persoas interesadas en participar só teñen que anotarse no Concello de Frades ou chamando ao 981 695 567. O prezo por participante é de 10 euros. Os excursionistas decidirán se levan comida da casa ou prefiren que se organice un xantar nun restaurante da zona.