Terá lugar os días 1, 2 e 3 de marzo e nela participarán un total de 15 firmas comerciais. Paralelamente terá lugar tamén o evento Vaiá Praza. Entre Pans, con espectáculos gastronómicos, música, venda de petiscos e servizo de cantina
Os vindeiros 1, 2 e 3 de marzo terá lugar en Ordes a VI Feira de Oportunidades. Como de costume o lugar escollido para esta cita será o primeiro andar da Praza de Abastos e o horario de apertura irá de 10 a 14 horas e de 16.30 a 20.30 horas.
Nesta nova edición as firmas participantes son: A Tenda de Ana, Alfombra Roja (zapatería), Blanco Moda (infantil e xuvenil), Capitán (calzado), Carma (zapatería), Chic (moda muller), Dress (moda muller), Juan Carlos Varela (moda infantil), Mis Personajes (xoguetería), Muxa (moda muller), Numa (moda muller), Peteiro (decoración), Sportec (deportes), Tenda Aromas (perfumes e fragrancias), Dana e Aine (complementos).
Ademais a organización deste evento ten previsto un curruncho infantil para as persoas que visiten a feira. Este servizo estará dispoñible de 18 a 20 horas os días 1 e 2 (xoves e venres). O día 3 (sábado) irá de 10.30 a 12.30 e de 18 a 20 horas.
Como novidade principal hai que mencionar a celebración paralela das xornadas gastrolúdicas da Praza de Abastos durante a fin de semana do 2, 3 e 4 de marzo. Baixo o título Vaiá Praza. Entre pans desenvolverase un amplo programa que inclúe música ao vivo con grupos como Manu Camagno, Andhrea & The Black Cats ou Chach DJ; espectáculos gastronómicos; venda de petiscos e servizo de cantina.
Tanto o Concello de Ordes como a Asociación de Comerciantes de Ordes (ACORDES) ou o grupo Mordes son os encargados de poñer en marcha esta iniciativa.