Friday 22 de November de 2024

Grande actuación do Club Atlética A Silva-Ordes en diversos campionatos autonómicos e nacionais


Esta será unha desas fins de semana que tanto as persoas integrantes como as seguidoras do Club Atlética A Silva-Ordes non van esquecer. No Campionato Galego de Atletismo de Pista Cuberta, que tivo lugar en Ourense, obtivéronse sete medallas nas categorías menores. Tamén destaca o novo récord autonómico na proba de 60 metros valos a cargo de Martiño Caneda, quen a maiores se fixo cunha medalla de prata en salto de lonxitude. Os restantes ouros foron para Juan Loureiro e Daniel Loureiro en 500 metros lisos e pértega respectivamente. Os restantes metais, todos eles pratas, foron mérito de Alejandra Souto, con dúas medallas en 60 metros lisos e triplo salto de lonxitude, e Noa Rey en 60 metros lisos.

Por outra banda, en Castelló María Pena rematou en cuarta posición no Campionato de España de Lanzamento de Xavelina. Tamén hai que sumar as catro medallas conseguidas no Campionato de España de Lanzamentos Longos de Inverno, que tivo lugar en Monzón (Huesca). Alí Ánxeles Rodríguez obtivo ambos os ouros en lanzamento de martelo lixeiro e xavelina, mentres que José Domínguez acadou a de prata en lanzamento de xavelina. Por último Ana Abuín logrou o ouro en martelo pesado e a prata en martelo lixeiro.